Actualice o seu navegador

Actualice o seu navegador

Está usando unha versión antiga do seu navegador. Recomendámoslle que o actualice ou cambie de navegador para mellorar a súa experiencia na web.

Outras webs do grupo Oficinas
Lupa Axuda urxenteAxuda

Cargando...

Preguntas e respostas en caso de emerxencia Banco Sabadell

Como podemos axudarche?

Roubáronme unha tarxeta

Bloquea as túas tarxetas para inutilizar as que che roubaron ou perdiches.

Roubáronme os datos bancarios

Se sospeitas que che roubaron ou intentaron roubarche a clave, contacta connosco agora.

Roubáronme datos da miña tarxeta

Se os ciberdelincuentes che roubaron ou intentaron roubarche información das túas tarxetas, contáctanos agora.

Necesito contactar urxentemente co banco.

Contactar
 

Máis opcións

Roubáronme ou perdín o móbil

Se tes os pagamentos das túas tarxetas vinculados á app Sabadell Wallet e perdiches o teu dispositivo móbil, preme agora en "Bloquear as miñas tarxetas" para inutilizalas. Accede unha por unha a todas as túas tarxetas, incluíndo, se o tes, o sticker. Preme sobre "Operativa" no menú da barra inferior e despois en "Bloqueo de tarxeta".

Bloquear as miñas tarxetas

Quero desactivar/activar a miña Banca Online

Se cres que as túas contas están en risco, podes desactivar o acceso ás operacións da web e a app.
 
Cando a desactivas, deixas de poder acceder ás operacións en liña.
Poderás volver activala en Axuda urxente - Quero desactivar/activar a miña Banca Online.

Continuar

Necesito efectivo agora

Usa Instant Money, un servizo da app Sabadell Móvil co cal podes retirar diñeiro dos caixeiros do Banco Sabadell sen necesidade de usar a túa tarxeta. Só necesitarás o teu móbil, onde recibirás unha SMS cun código que tes que introducir no caixeiro para poderes facer a retirada de efectivo.

Quero retirar efectivo agora

Quero aumentar o límite da miña tarxeta

Podes pedir un incremento de límite da túa tarxeta de crédito premendo en "Solicitar". Se necesitas facelo xa ou desexas modificar o límite de compra da túa tarxeta de débito, chámanos agora a través dos teléfonos:

963 085 000
Teléfono nacional

+34 935 202 910
Teléfono desde o estranxeiro

Solicitar

Perdín ou esquecín a miña clave

Para mudar a túa clave de acceso podes contactar connosco por teléfono, calquera día e a calquera hora, ou ir a calquera das nosas oficinas.

963 085 000
Teléfono nacional

+34 935 202 910
Teléfono desde o estranxeiro

Non podo comprar pola Internet

Asegúrate de que a tarxeta con que compras ten activado o permiso de pagamento para facer compras en liña.

Activar agora

Non podo comprar no estranxeiro

Debes activar o permiso da túa tarxeta para pagar desde o estranxeiro.

Activar agora

Quero cancelar unha transferencia

Preme en "Anular" e redirixirémoste directamente ao proceso para cancelar unha transferencia.

Anular

Necesito encontrar unha oficina ou caixeiro

Se necesitas información sobre as nosas oficinas ou caixeiros, preme na opción "Oficinas" da parte superior esquerda da nosa web.

Busca agora a túa oficina

Non recibo a miña clave de Sinatura Dixital

Comproba que dispós de conexión de datos ou wifi no móbil. Cando volvas establecer a conexión, recibirás a notificación. En caso de non recibila, accede á app Banco Sabadell e diríxete á Sinatura Dixital dentro do teu perfil para que apareza. Se recibes a clave por SMS, asegúrate de que dispós de cobertura ou repite o proceso de novo.

Quero consultar un contrato

Podes consultar os documentos de todos os produtos que contrataches a través da app ou web Banco Sabadell premendo en "Consultar os meus contratos".

Consultar os meus contratos