SWIFT para ACCESO DE EMPRESAS
O Banco Sabadell esfórzase por prestarlle á súa compañía servizos globais, incluído o servizo de Swift para empresas. Swift para Empresas pódeo axudar a conectar de forma segura e sinxela cos seus colaboradores bancarios, simplificando as súas vías de comunicación e confiríndolle á súa organización un maior grao de eficiencia.
- Visibilidade global sobre operacións e efectivo: reciba informes intradía ou do final do día directamente de todos os seus bancos. Isto incrementará a visibilidade dos fondos e permitiralle mellorar os seus investimentos
- Gastos reducidos: menores custos de mantemento e de servizo ao conectar múltiples bancos a través dun único canal.
- Aumente a seguridade e transparencia dos seus pagamentos.
- Asistencia: asistencia integral as 24 horas, os 7 días da semana mediante swift.
- FIN: para pagamentos e informes de contas. Este servizo ofrece unha implementación rápida e un enrutamento automático.
- FileAct: inclúe informes sobre contas e pagamentos de baixo valor.